Contrasinal incorrecto. Téntao de novo.
Creamos este espazo para coñecer a vosa opinión sobre a tempada que estamos rematando: cousas que vos gustaron, cousas que non, novas ideas, propostas para o ano que vén e todo o que consideredes importante para seguir crecendo como equipo.
As respostas ás preguntas son totalmente anónimas, así que animámosvos a responder con toda a sinceridade e liberdade. Tampouco é necesario contestar a todas: podedes responder só ás que queirades ou naquelas nas que sintades que tedes algo que aportar.
Premendo sobre cada posición do campo atoparedes as preguntas. Unha vez consideredes que acabastes, só tedes que pulsar o botón de Gardar respostas.
O máis importante para nós é escoitarvos e aproveitar todo o que saia desta páxina para mellorar tanto dentro como fóra do campo de cara á próxima tempada.
Grazas por dedicarlle uns minutos a isto e por formar parte deste equipo, que non sería posible sen cada unha de vós!
Grazas por colaborar.
Ata a próxima tempada!